Sexta lexislatura. Manuel Fraga preside a mesa de idade da sesión constitutiva na cal os deputados elixen a Mesa do Parlamento formada por Xosé María García Leira, presidente; Inmaculada Rodríguez Cuervo, vicepresidenta primeira; Salomé Álvarez Blanco, vicepresidenta segunda; Xoán Pedrosa Vicente, secretario; e Dolores Villarino Santiago, vicesecretaria. Tras a toma de posesión dos deputados que xuran ou prometen o cargo, o presidente declara constituída a cámara galega.