Sétima lexislatura. O presidente da mesa de idade, Manuel Fraga, preside a sesión constitutiva en que Dolores Villarino sae elixida presidenta do Parlamento e a mesa da cámara queda formada polos seguintes deputados: María Tareixa Paz Franco, vicepresidenta; Xaime Alberto Pita Varela, vicepresidente segundo; Pablo López Vidal, secretario e Xosé Manuel Baltar Blanco, vicesecretario. Finalmente, os deputados electos xuran ou prometen os seus cargos.