Votación de candidatos e políticos nas Eleccións Autonómicas de 1989

Votación de candidatos e políticos nas Eleccións Autonómicas de 1989

Compartir via Whatsapp
8416
0
17/12/1989

Os candidatos á presidencia da Xunta de Galicia exercen o seu dereito ó voto nos seus respectivos colexios electorais: Manuel Fraga Iribarne, polo Partido Popular de Galicia (PPdeG), en Vilalba; Fernando González Laxe, polo Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE), na Coruña; Xosé Manuel Beiras Torrado, polo Bloque Nacionalista Galego (BNG), en Santiago; Anxo Guerreiro Carreiras, candidato por Esquerda Unida (EU), na Coruña; Pablo González Mariñas, cabeza de lista do Partido Nacionalista Galego–Partido Galeguista (PNG-PG), tamén na Coruña; Camilo Nogueira, do Partido Socialista Galego- Esquerda Galega (PSG-EG), en Vigo; Xesús Osorio, candidato do Centro Democrático Social (CDS), en Pontevedra; e Xosé Luis Barreiro Rivas, líder de Coalición Galega (CG), en Poio. Finalmente, o ex presidente da Xunta Xerardo Fernández Albor deposita o seu voto nun colexio electoral de Santiago de Compostela.

Máis información
Ano: 
1989
Localización: 
Galicia
Persoas: 
Barreiro Rivas, Xosé Luis; González Laxe, Fernando; Beiras Torrado, Xosé Manuel; Nogueira Román, Camilo; González Mariñas, Pablo; Osorio Peláez, Xesús; Guerreiro Carreiras, Anxo; Fernández Albor, Xerardo

O máis