Sétima lexislatura. O presidente da Xunta e a presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, presiden a toma de posesión do goberno bipartito nun acto celebrado no Pazo de Raxoi. Forman o executivo que preside Emilio Pérez Touriño os seguintes conselleiros: Anxo Quintana, vicepresidente da Igualdade e do Benestar; Xosé Luís Méndez Romeu, da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Xosé Ramón Fernández Antonio, de Economía e Facenda; María Xosé Caride, de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes; Laura Sánchez Piñón, de Educación e Ordenación Universitaria; Fernando Blanco, de Innovación e Industria; Alfredo Suárez Canal, do Medio Rural; Ánxela Bugallo, de Cultura e Deporte; María Xosé Rubio, de Sanidade; Carme Gallego, de Pesca e Asuntos Marítimos; Manuel Vázquez Fernández, de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible; Ricardo Varela, de Traballo; e Tareixa Táboas, de Vivenda e Solo.