Segunda lexislatura. Tras a crise de goberno provocada pola dimisión de Xosé Luís Barreiro Rivas, os novos conselleiros toman posesión nun acto celebrado no pazo de Raxoi, baixo a presidencia de Fernández Albor e do presidente do Parlamento, Tomás Pérez Vidal. Entran a formar parte do novo goberno, Mariano Rajoy Brey como vicepresidente; Manuel Anxo Villanueva Cendón como conselleiro da Presidencia; Carlos Otero Díaz, en Economía e Facenda; Fernando Pedrosa Roldán, en Ordenación do Territorio e Obras Públicas; María Xesús Sáinz García, en Educación; e Anxo Ruíz Fidalgo, en Agricultura.