Xura do primeiro goberno da cuarta lexislatura presidido por Manuel Fraga Iribarne no que é o seu segundo mandato á fronte da Xunta de Galicia. O novo goberno está formado por Dositeo Rodríguez Rodríguez, conselleiro de Presidencia e Administración Pública; Xosé Antón Orza Fernández, de Economía e Facenda; Xosé Cuiña Crespo, de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; Xoán Piñeiro Permuy, de Educación e Ordenación Universitaria; Xoán Fernández García, de Industria e Comercio; Tomás Pérez Vidal, de Agricultura, Gandería e Montes; Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, de Cultura; Xosé Manuel Romay Beccaría, de Sanidade e Servizos Sociais; Xoán Caamaño Cebreiro, de Pesca, Marisqueo e Acuicultura; Xoán Miguel Diz Guedes, de Xustiza, Interior e Relacións Laborais; e Manuela López Besteiro, de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude.