Acto celebrado no Pazo de Raxoi en que Abilio Bernaldo de Quirós toma posesión e xura o seu novo cargo como director xeral da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG), en substitución de Lois Caeiro. No salón atópanse, entre outros, Manuel Anxo Villanueva Cendón, conselleiro de Presidencia; Lois Caeiro, ex-director da CRTVG; Xerardo Rodríguez e Xosé Luis Blanco Campaña, directores da TVG e a RG respectivamente; Xerardo Fernández Albor, presidente da Xunta de Galicia; e Mariano Rajoy, vicepresidente do Goberno Galego.