Investidura como Doutor Honoris Causa pola Facultade de Ciencias Económicas do editor de "La Voz de Galicia", Santiago Rey Fernández Latorre, nun acto presidido polo reitor Xosé Luís Meilán Gil e onde exerce como padriño o economista Antonio Erias Rey. No decurso da cerimonia son expulsados do paraninfo varios alumnos dos Comités Abertos de Facultade (CAF) por exhibir pancartas contra o reitor Meilán Gil.