A suba da contribución desencadea a revolta popular contra o alcalde socialista, Lois Pena, que goberna Cangas con maioría absoluta. Os veciños, tras acceder ao concello, interromper un pleno extraordinario sobre o tema e obrigar o rexedor e os concelleiros socialistas a refuxiarse, permanecen no consistorio ata seren desaloxados pola garda civil continuando coas mobilizacións ata o derrocamento do alcalde.