A xuntanza celébrase no pazo de Raxoi onde o presidente da Xunta e os conselleiros reciben a Xoán Paulo II que chega acompañado dos arcebispos de Madrid e Santiago, Ángel Suquía Goicoechea e Antonio María Rouco Varela. Tralos saúdos de rigor a tódolos conselleiros, o Papa recibe o primeiro exemplar da Biblia en galego que lle entrega o presidente González Laxe.