Sexta lexislatura. Tras a dimisión de Xosé Cuíña derivada da crise do "Prestige", Fraga leva a cabo unha profunda remodelación do Goberno durante o cuarto mandato como presidente da Xunta. Os novos conselleiros son Alberto Núñez Feijóo, de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; Pilar Rojo Noguera, de Familia, Xuventude e Voluntariado; Xosé Manuel Barreiro Fernández, de Medio Ambiente, e María Xosé Cimadevila Cea, de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Ademais renovan o seu xuramento Xoán Rodríguez Yuste, de Innovación, Industria e Comercio; Antonio Pillado Montero, de Xustiza, Interior e Administración Local; e Aurelio Miras Portugal, de Emigración e Apoio á Emigración.