O influente grupo Bilderberg celebra na illa da Toxa a súa reunión anual á que asisten o presidente do Goberno, Felipe González, e os reis de España. O presidente da Xunta de Galicia, Fernando González Laxe, recibe os Reis e acompaña a David Rockefeller Jr. e outros membros do grupo nunha visita á catedral de Santiago.