No congreso extraordinario do partido no ano 1988, Manuel Fraga Iribarne encabeza a única candidatura que se presenta para a xunta rexional de AP. Tras solicitar a confianza do partido, o candidato resulta elixido nunha singular votación por aclamación grazas ao forte aplauso dos presentes solicitado polo presidente do congreso, Antonio Pol.