Trala súa toma de posesión como presidente da Xunta, Fraga inicia o primeiro mandato expoñendo en Madrid as reivindicacións de Galicia ante a administración central. A xuntanza co presidente do Goberno español é a primeira dunha rolda de encontros cos ministros do goberno socialista.