Óscar Pereiro, ciclista galego do Caisse d"Epargne, percorre os Campos Elíseos cos compañeiros de equipo e sobe ao podio despois de acadar o segundo posto na clasificación xeral do Tour de Francia 2006. Afeccionados galegos celebran en París o éxito de Pereiro. Un ano máis tarde, o ciclista galego sería proclamado gañador do Tour pola descualificación de Floyd Landis.