Sétima lexislatura. O goberno bipartito que encabeza o socialista Emilio Pérez Touriño escolle tamén a Praza do Obradoiro como escenario da celebración da toma de posesión do presidente da Xunta. Os ministros de Aministracións Públicas, Jordi Sevilla, e de Agricultura, Helena Espinosa, entre outras autoridades, asisten a este encontro en que participan a actriz María Pujalte e a orquestra Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá.