Milleiros de estudantes de primaria e secundaria mobilízanse, convocados pola plataforma "Nunca máis", contra a xestión do Goberno na catástrofe do Prestige. De todas as "cadeas pola vida" que se reparten pola xeografía galega, a máis importante reúne corenta e cinco mil estudantes que forman unha cadea humana entre Laxe e Muxía.