Novena lexislatura. Segundo mandato de Núñez Feijóo como presidente da Xunta. O novo Goberno toma posesión nun acto celebrado no pazo de Raxoi durante o cal xuran ou prometen os seus cargos Alfonso Rueda Valenzuela, vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Helena Muñoz Fonteriz, conselleira de Facenda; Agustín Hernández Fernández de Rojas, de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras; Francisco Xosé Conde López, de Economía e Industria; Xesús Vázquez Abad, de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Rocío Mosquera Álvarez, de Sanidade; Beatriz Mato Otero, de Traballo e Benestar; e Rosa María Quintana Carballo, de Medio Rural e do Mar.