Trala demisión de Xosé Luís Barreiro Rivas, procesado por un presunto delito de suborno e prevaricación, Xavier Suárez Vence-Santiso, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria ata o momento, toma posesión como vicepresidente da Xunta de Galicia nesta segunda lexislatura. Pola súa parte, Aniceto Núñez García ocupa a vacante na consellería de Educación.