Acompañado polo arcebispo de Santiago, Antonio María Rouco Varela, o papa Xoán Paulo II chega en avión ao aeroporto da Lavacolla na súa terceira visita apostólica a España. Os reis de España reciben a Xoán Paulo II que, de seguido, saúda as autoridades civís e militares encabezadas polo presidente González Laxe e a un grupo de gaiteiros que actúa para o pontífice.