O Hostal dos Reis Católicos é o lugar elixido para a celebración do cumio de ministros de Cultura da Comunidade Económica Europea (CEE). O ministro español de Cultura, Jorge Semprún, e os seus homólogos europeos analizan cuestións relacionadas coa política comunitaria en materia de libros, bibliotecas e comunicación audiovisual.