Oitava lexislatura. Núñez Feijóo escolle tamén a Praza do Obradoiro como escenario da celebración da súa chegada á presidencia da Xunta. Neste acto, co que inaugura o seu primeiro mandato, acompañan a Feijóo militantes e simpatizantes do partido, autoridades e dirixentes do PP e tamén os seus familiares que asisten emocionados a esta celebración amenizada pola Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.