Os veciños de Cangas reclámanlle ao Goberno da Xunta a destitución do alcalde Lois Pena nunha concentración diante do pazo de Raxoi. Os manifestantes increpan os conselleiros que saen en coche da Praza do Obradoiro e golpean os vehículos oficiais ata que a policía os desaloxa violentamente.