Eleccións autonómicas de Galicia 2009. Votacións de Corina Porro, candidata número dous polo Partido Popular de Galicia (PPdeG) en Pontevedra, que vota en Vigo; Pepe Blanco, vicesecretario xeral do PSOE, en Lugo; Alfredo Suárez Canal, cabeza de lista do Bloque Nacionalista Galego (BNG) por Ourense e Xosé Luís Baltar, presidente da Deputación provincial, que votan en Ourense; o candidato número un en Ourense polo Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE), Pachi Vázquez, vota no Carballiño; e Tareixa Táboas, cabeza de lista do BNG por Pontevedra, exerce o seu dereito ao voto na localidade pontevedresa de Poio.