Votacións de dirixentes políticos nas Eleccións Autonómicas 1997

Votacións de dirixentes políticos nas Eleccións Autonómicas 1997

Compartir via Whatsapp
9942
0
19/10/1997

Eleccións Autonómicas de Galicia 1997. Diversos líderes políticos exercen o dereito ao voto nos respectivos colexios electorais. En primeiro lugar, Antolín Sánchez Presedo, do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE), vota en Cambre; Mariano Rajoy, ministro de Administracións Públicas, acompañado por Xoán Luís Pedrosa, alcalde de Pontevedra, en Pontevedra; Paco Vázquez, secretario xeral do PSdeG-PSOE e alcalde da cidade, na Coruña; e finalmente, Emilio Pérez Touriño, candidato na provincia da Coruña pola coalición PSdeG-PSOE / Esquerda Unida-Esquerda Galega / Os Verdes (PSdeG-PSOE/ EU-EG / O.V.), en Santiago de Compostela.

Máis información
Ano: 
1997
Localización: 
Cambre, Santiago de Compostela, cidade da Coruña (A Coruña); cidade de Pontevedra (Pontevedra)
Persoas: 
Rajoy Brey, Mariano; Vázquez Vázquez, Francisco ('Paco Vázquez'); Pérez Touriño, Emilio; Pedrosa Fernández, Xoán Luis; Sánchez Presedo, Antolín

O máis