Sexta lexislatura. Manuel Fraga remodela profundamente o goberno no seu cuarto e derradeiro mandato como presidente da Xunta. A partir de agora o conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijóo, asume a vicepresidencia primeira, e o conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro, será o vicepresidente segundo da Xunta. Ademais, tres caras novas incorpóranse ao goberno, Xosé Antón Santiso Miramontes como conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural; Xosé Manuel González Álvarez, de Sanidade, e Belén Prado Sanjurjo, de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.