Sétima lexislatura. O goberno bipartito inicia a súa andaina coa toma de posesión de Emilio Pérez Touriño como presidente da Xunta no Salón dos Reis do Parlamento Galego. Numerosas autoridades e representantes da vida social e cultural galegas asisten á cerimonia onde o ministro de Administracións Públicas, Jordi Sevilla, representa o Goberno central.