Sexta lexislatura. Os membros do executivo galego toman posesión nun acto celebrado no Pazo de Raxoi e presidido por Manuel Fraga. Forman o novo goberno os seguintes conselleiros: Xaime Pita Varela, de Presidencia, Relacións Institucionais e Administracións Públicas; Xosé Antón Orza Fernández, de Economía e Facenda; Xosé Cuíña Crespo, de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; Celso Currás Fernández, de Educación e Ordenación Universitaria; Xoán Rodríguez Yuste, de Industria e Comercio; Xoán Miguel Diz Guedes, de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural; Xesús Pérez Varela, de Cultura, Comunicación Social e Turismo; Xosé María Hernández Cochón, de Sanidade; Henrique López Veiga, de Pesca e Asuntos Marítimos; Antonio Pillado Montero, de Xustiza, Interior e Relacións Laborais; Manuela López Besteiro, de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude; Carlos del Álamo Jiménez, de Medio Ambiente; Corina Porro Martínez, de Asuntos Sociais; e Aurelio Miras Portugal, de Emigración e Cooperación Exterior.