Acto no Parlamento de Galicia no cal Fernando González Laxe toma posesión e promete como novo presidente da Xunta de Galicia na segunda Lexislatura tralo triunfo da moción de censura levada a cabo contra o Goberno de Xerardo Fernández Albor. O acto está presidido por Tomás Pérez Vidal, presidente da Parlamento de Galicia e destaca a presenza de Xerardo Fernández Albor, ex presidente da Xunta, e a de Joaquín Almunia, ministro para as Administracións Públicas.