Segunda lexislatura. Constitución do Parlamento de Galicia tras as eleccións autonómicas de 1985. O desacordo entre as forzas políticas obriga o presidente da mesa de idade a convocar dúas votacións para a elección de Antonio Rosón como presidente, no que será o seu segundo mandato á fronte da cámara galega.