Sexta lexislatura. Primeira reunión ordinaria do Consello da Xunta tras a remodelación do goberno provocada pola dimisión de Cuíña a consecuencia da crise do "Prestige". Nesta remodelación, ademais da designación dos catro novos conselleiros, asígnanse novas competencias e reorganízanse as consellerías das que son titulares Xoán Rodríguez Yuste, Aurelio Miras Portugal e Antonio Pillado.