Os reis Xoán Carlos e Sofía presiden a inauguración da sede da fundación situada na antiga administración de Facenda da rúa do Vilar. Acompañados pola ministra de Cultura, Pilar del Castillo, o presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, e a viúva do escritor, María Fernanda Sánchez-Guisande Caamaño, os monarcas descobren unha placa conmemorativa e posan coa familia Torrente.