O presidente da Xunta, Xerardo Fernández Albor, inaugura en San Marcos a sede da CRTVG e da TVG na véspera do inicio das emisións da canle autonómica. O vicepresidente Barreiro Rivas, o director xeral do ente, Luís Losada, autoridades e invitados asisten á cerimonia que se celebra na chá situada diante do edificio.