O Deportivo consegue, por primeira vez na súa historia, proclamarse campión da Liga, tras gañarlle en Riazor ao Espanyol por dous goles a cero. A afección, desbordante de alegría, invade o campo e celebra cos xogadores a vitoria, mentres no palco autoridades coma Paco Vázquez, alcalde da cidade, e Mariano Rajoy, vicepresidente primeiro do Goberno, acompañan o exultante presidente do Dépor, Augusto César Lendoiro.