Sexta lexislatura. Consello da Xunta de Galicia tras a toma de posesión de cinco novos conselleiros no cuarto mandato do presidente Fraga. Asisten polo tanto á reunión do goberno os novos vicepresidentes, Alberto Núñez Feijóo e Xosé Manuel Barreiro Fernández, ademais dos novos conselleiros, Xosé Antonio Santiso Miramontes, titular de Política Agroalimentaria; Xosé Manuel González Álvarez, de Sanidade, e Belén Prado Sanjurjo, responsable de Asuntos Sociais.