A selección da Unión Soviética dos Volkov, Belostenny, Tijonenko, Kurtinaitis, Tkachenko e o liderado de Arvidas Sabonis era o principal atractivo dos partidos do grupo B do campionato que se disputaron no pavillón da Malata. Na primeira xornada derrota a Angola por 89 a 51 puntos.