Apertura da campaña das eleccións autonómicas do 2009

Apertura da campaña das eleccións autonómicas do 2009

Compartir via Whatsapp
11864
0
12/02/2009

Eleccións autonómicas Galicia 2009. Na primeira noite da campaña electoral, o candidato polo Partido Popular de Galicia (PPdeG), Alberto Núñez Feijóo, ofrece un mítin na Praza do Toural cunha pegada de carteis simulada; o candidato do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE), Emilio Pérez Touriño, elixe o hotel Monumento San Francisco para a súa pegada de carteis virtual; Anxo Quintana, cabeza de lista do Bloque Nacionalista Galego (BNG), pide o voto dende o Multiusos Fontes do Sar; Iolanda Díaz, candidata de Esquerda Unida-Izquierda Unida (EU-IU), elixe a tradicional pegada de carteis na Praza de Cervantes, e finalmente, Rosa Díez, presidenta de Unión Progreso y Democracia (UPyD), acompaña os cabeza de lista do seu partido, Andrés Mosquera, Xosé Anido e Luís Pérez de LLano nunha pegada de carteis diante do Pazo do Hórreo.

Máis información
Ano: 
2009
Localización: 
Santiago de Compostela (A Coruña)
Persoas: 
Núñez Feijóo, Alberto; Pérez Touriño, Emilio; Díaz Pérez, Iolanda; Díez González, Rosa María.; Quintana González, Anxo

O máis